Luis Antonio Gómez Piña
España, Galicia
Diputado por Grupo Parlamentario Socialista en el Congreso · Congreso de los Diputados

PODER DIGITAL
19 en España
RANKING
#1708 en España
Biografía:
Luis Antonio Gómez Piña (Lisboa, 1969) es un político gallego del PSdeG-PSOE. Comenzó como concejal en A Cañiza en 1991, logrando aumentar progresivamente la representación de su partido hasta alcanzar la alcaldía en 2019, y revalidándola con mayoría absoluta en 2023. Fue diputado en el Congreso de los Diputados entre 2009 y 2011, y en el Parlamento de Galicia en 2011-2012. Ha ejercido como Secretario de Organización del PSdeG-PSOE en Pontevedra desde 2018. En febrero de 2025, regresó al Congreso tras la renuncia de Paula Fernández.
Cargos:
Parlamento
Grupo Parlamentario Socialista en el Congreso, Congreso de los Diputados
(2024-09-17 - Actualidad)
Vocal Comisión de Política Territorial
Congreso de los Diputados (2025-02-17 - Actualidad)
Adscrito Comisión de Industria y Turismo
Congreso de los Diputados (2025-02-18 - Actualidad)
Vicepresidente Primero Comisión de Trabajo, Economía Social, Inclusión, Seguridad Social y Migraciones
Congreso de los Diputados (2025-06-18 - Actualidad)
Adscrito Comisión de Transportes y Movilidad Sostenible
Congreso de los Diputados (2025-02-18 - Actualidad)
Portavoz adjunto Comisión de Vivienda y Agenda Urbana
Congreso de los Diputados (2025-02-17 - Actualidad)
Ranking:
desarrollo local
igualdad y mujer
deporte municipal
biodiversidad y medioambiente
turismo rural
formación digital
gestión del agua
lucha contra especies invasoras
colaboración institucional
actividad parlamentaria
Redes sociales:

Luis Piña
@gomezpina.luis|1578 posts|1761 followers|1150 following
Publicado : 01 abr 2026, 20:08
Ver publicación en Instagram 📌 O alcalde Luis Piña e o presidente da Câmara Municipal de Melgaço, José Albano 🤝, asistiron esta tarde ao inicio do partido entre o FC Porto e o CBM Cisne de Pontevedra, dentro do campionato Melgaço Easter Cup Handball 2026 🏆, celebrado no pavillón de Touzosas (Valeixe).
👉 Durante a súa presenza no pavillón, destacaron a importancia desta cita deportiva como exemplo de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal, así como o seu impacto na promoción do deporte base e na dinamización do territorio.
🏐 O torneo reúne 72 equipos de España, Portugal, Francia e Polonia, nas categorías de formación.
👉 A Cañiza é unha das 4 sedes deste evento internacional.
👏 Dende o Concello agradécese a organización e anímase á veciñanza a asistir aos encontros.
#ACañiza #MelgaçoEasterCup #Balonmán #CooperaciónTransfronteiriza #Handball
Likes: 7|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 01 abr 2026, 08:30
Ver publicación en Instagram 📣Arrancan na Cañiza os partidos do Melgaço Easter Cup Handball 2026 no pavillón de Valeixe, unha das 4 sedes do torneo 🏐🌍
👉O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá o inicio do torneo internacional Melgaço Easter Cup Handball 2026, que se celebrará do 1 ao 4 de abril , e co que colabora 🤝o Concello da Cañiza, cedendo nestes 4 días as instalacións do📍Pavillón municipal de Touzosas (Valeixe) .
Trátase dun torneo de balonmán base a nivel internacional 🌍, dirixido a categorías de formación (U12, U14, U16 e U18; alevín, infantil, cadete e xuvenil ), con participación de 72 equipos masculinos e femininos procedentes de España, Portugal, Francia e Polonia 🇪🇸🇵🇹🇫🇷🇵🇱. O evento está especialmente enfocado na formación deportiva e na convivencia internacional entre a mocidade 🤝.
📌O torneo, que conta coa homologación da Associação Andebol Viana do Castelo, da Federação Portuguesa de Andebol e co apoio institucional da Federación Galega de Balonmán, desenvolverase con partidos repartidos en catro instalacións deportivas:
📍Pavillón Municipal de Melgaço
📍Pavillón EB2/3 de Melgaço
📍Pavillón Municipal de Deportes de Touzosas (Valeixe – A Cañiza)
📍Pavillón Municipal de Arbo
👉A organización está orientada a clubs de formación e canteira 🤾♂️, favorecendo tanto o desenvolvemento deportivo 📈 como a experiencia social dos xoves participantes.
👉Baixo o lema “Show the wolf in you” (“mostra o lobo que levas dentro”), o torneo promove o espírito competitivo, a superación persoal e a enerxía propia do deporte base xuvenil ⚡.
🗣️A Cañiza terá un papel destacado como unha das 4 sedes de xogo, acollendo encontros no pavillón de Touzosas, na parroquia de Valeixe 📍.
Aquí deixamos o calendario de partidos 📋:
#MelgacoEasterCup #Handball2026 #DeporteBase #ACañiza #Valeixe
Likes: 5|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 30 mar 2026, 20:57
Ver publicación en Instagram A Cañiza foi esta fin de semana o epicentro do skate a nivel estatal 🛹
👉 Os días 28 e 29 de marzo celebramos a 1ª edición do Campionato de España de Team Cross, xunto coa Copa de España e a Liga Nacional de Skate Cross, reunindo deportistas de toda España nun evento espectacular.
📍 No Skate Park da Cañiza, unha instalación de referencia, competiron categorías Sub-13, Sub-16, Sub-19 e sénior, nun formato dinámico que combinou contrarreloxo e eliminatorias ata as finais.
👉 Unha modalidade en auxe que ofreceu un gran espectáculo, con carreiras cheas de velocidade, técnica e emoción.
👉 A entrega de premios contou coa presenza do alcalde Luis Piña e da concelleira Eva María Rivas, agradecendo á Real Federación Española de Patinaxe e á Federación Galega a confianza na Cañiza, así como o gran traballo do Club Meiga Rodas.
Un evento que volve situar A Cañiza como referente deportivo e que ten un impacto moi positivo tamén a nivel económico e turístico.
#ACañiza #SkateCross #TeamCross #SkatePark #Deporte Galicia
Likes: 9|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 29 mar 2026, 19:49
Ver publicación en Instagram Semana de traballo no Congreso dos Deputados
Esta semana participei na sesión plenaria dos días 24, 25 e 26. Foron xornadas de especial intensidade parlamentaria, marcadas pola actualidade internacional e pola aprobación de iniciativas lexislativas clave para a cidadanía.
🔹 Resposta internacional: O mércores compareceu o presidente do Goberno para informar sobre a situación en Oriente Medio. O xoves convalidamos o Real Decreto-lei con medidas económicas e sociais para protexer ás familias e aos sectores produtivos fronte ao impacto da guerra de Irán.
🔹 Melloras lexislativas:
• Aprobamos a reforma para dar unha mellor resposta ante a multirreincidencia.
• Impulso definitivo á Lei de Economía Social, clave para o noso tecido cooperativo.
• Avance na reforma constitucional para mellorar a representación territorial de Formentera.
🔹 Xustiza e memoria: Convalidamos o decreto en materia de Memoria Democrática, ampliando o recoñecemento e reparación ás vítimas.
👉 Unha semana centrada en dar respostas útiles nun contexto complexo.
Seguimos traballando por e para as persoas.
#Pontevedra #Galicia #España #CongresoDosDeputados #GrupoSocialista Traballo Compromiso PolíticaÚtil ServizoPúblico
Likes: 25|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 29 mar 2026, 08:22
Ver publicación en Instagram 📣 O Pleno do Concello aprobou por unanimidade tres convenios para reforzar servizos públicos, igualdade e desenvolvemento territorial na Cañiza.
👉 Tres ámbitos clave:
💜 Programa Clara 2026 (igualdade) En colaboración co Concello de Covelo, impulsamos un programa de formación, orientación laboral e acompañamento social para mulleres, co obxectivo de mellorar a empregabilidade e previr a violencia de xénero.
🌿 “Entre Abadías” (turismo) Prorrogamos ata 2030 o convenio co Concello de Melón para seguir poñendo en valor este sendeiro histórico de máis de 800 anos, promovendo o patrimonio e dinamizando o territorio.
👮♂️ Policía Local (xestión) A Xunta de Galicia asumirá os procesos selectivos, permitindo axilizar procedementos e garantir criterios homoxéneos na selección de persoal.
🗣️ Un paso importante para avanzar en igualdade, mellorar a seguridade e impulsar o desenvolvemento turístico da Cañiza.
Seguimos traballando.
#ACañiza #ProgramaClara #EntreAbadías #TurismoRural #Igualdade PolicíaLocal XuntaDeGalicia ServizoPúblico
Likes: 16|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 28 mar 2026, 17:41
Ver publicación en Instagram 🦋 Programa «15 días de mariposas» | Visita ao transecto do Río Calvo – O Feal
📣 O Concello impulsa unha nova actividade divulgativa sobre as bolboretas dentro do programa “15 días de mariposas”.
📍 O vindeiro 18 de abril, de 12:00 a 14:00 h, terá lugar unha visita guiada ao transecto “Bolboretas do Río Calvo – O Feal”, na parroquia de Parada.
👉 Un percorrido pola natureza para coñecer a diversidade de bolboretas da zona, a súa ecoloxía e a importancia da súa conservación.
👨🏫 Actividade guiada por Diego Diz e Jesús Tizón.
🌿 Dirixida a todos os públicos interesados na natureza e na biodiversidade.
📧 Inscricións: info.soceme@soceme.es
⚠️ Prazas limitadas (máx. 20 persoas)
🤝 Actividade organizada por Mundo Artrópodo e SOCEME.
#ACañiza #15DíasDeMariposas #Bolboretas #Biodiversidade #SOCEME Natureza
Likes: 8|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 28 mar 2026, 12:11
Ver publicación en Instagram A Cañiza celebra o “si, quero” de Sonia e María 💍
Onte tiven a honra de acompañar a Sonia Fernández e María López nun dos momentos máis especiais das súas vidas.
Un acto cheo de emoción e felicidade, no que dúas persoas deciden compartir o seu camiño, construíndo un proxecto en común baseado no respecto, na igualdade e no amor.
Deséxovos toda a felicidade nesta nova etapa
Que a vida vos regale moitos momentos xuntas.
Parabéns, Sonia e María! ❤️
Likes: 81|Comments: 2 |Video views:
Publicado : 26 mar 2026, 15:35
Ver publicación en Instagram 🇵🇹 Próxima parada: A Costa Verde Portuguesa! 🌊✨
Xa está aquí a 4ª excursión do programa #CañicensesEnRuta. Unha viaxe inesquecible para descubrir a maxia de Oporto, Gaia e Viana do Castelo os días 23 e 24 de abril.
O que nos agarda:
🚢 Cruceiro das 6 pontes no Douro.
🏰 Visita guiada polo corazón de Oporto.
📸 Vistas espectaculares desde Santa Luzía.
💃 Xantar con baile e merenda na Quinta da Presa.
📝 Toma nota para non quedar sen praza:
🗓️ Inscricións: A partir do luns 13 de abril ás 10:00h.
📍 Lugar: Biblioteca Municipal.
👥 Prazas: 53 dispoñibles (Máximo 4 persoas por reserva).
💰 Prezo: 230€ (Todo incluído: bus, hotel PC, visitas e seguro).
¡Non o deixes pasar! O prazo remata o 20 de abril. ⏳
#ACañiza #Turismo #Oporto #VianaDoCastelo ViaxesEnGrupo GaliciaSaudable ConcelloDaCañiza
Likes: 6|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 26 mar 2026, 14:55
Ver publicación en Instagram 📢 BANDO | Reunións parroquiais 2026
🗣️ O alcalde informa da celebración das reunións parroquiais co obxectivo de escoitar de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas, facer balance das actuacións realizadas e informar dos proxectos e iniciativas que o Concello desenvolverá nos vindeiros meses.
🤝 Un espazo aberto ao diálogo, á participación e ao contacto directo coa veciñanza.
📍Consulta neste bando as datas, horarios e localizacións de cada reunión.
#ACañiza #ReuniónsParroquiais #InformaciónMunicipal
Likes: 3|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 26 mar 2026, 14:44
Ver publicación en Instagram 📸 Crónica dunha homenaxe necesaria: A Cañiza recorda á súa arquitecta pioneira.
Este luns, o Salón de Plenos do noso Concello encheuse de historia e xustiza para poñer en valor a figura de Rita Fernández Queimadelos 🏛️💜.
Nesta xornada, celebrada dentro do programa #AquíFaltanPáxinas da @deputacionpontevedra, afondamos no legado dunha muller que en 1940 rompeu tódolos moldes ao converterse na primeira arquitecta galega titulada 🎓🏗️.
O Alcalde, @luispina_acaniza, xunto á Deputada de Igualdade, @paulabouzos, deron a benvida a un acto que busca rescatar do esquecemento a mulleres que foron fundamentais.
💬 "As sociedades tamén se constrúen desde aquilo que deciden lembrar", destacou o Alcalde, lembrando que desde o ano pasado a nosa Praza do Mercado leva o seu nome para que o seu exemplo inspire ás novas xeracións no seu día a día 🪧✨.
Grazas á arquitecta María Carreiro e á xornalista Marian Fernández por axudarnos a redescubrir a traxectoria dunha muller que, co apoio das súas avoas, conquistou un espazo que historicamente lle fora negado ás mulleres ✍️🏠.
Un exercicio de memoria e un compromiso co futuro: porque cando unha muller avanza, avanzamos todos 🚺⚖️.
#ACañiza #RitaQueimadelos #MulleresPioneiras #Arquitectura Igualdade PontevedraProvincia MemoriaHistórica CulturaGalega AquíFaltanPáxinas
Likes: 16|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 25 mar 2026, 14:11
Ver publicación en Instagram 📌 O Salón de Plenos do Concello acolleu a sinatura do protocolo de colaboración 🤝 entre a Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Cañiza para a implantación do parque empresarial do Vieiro.
👉 Un acordo que establece as bases de colaboración entre as tres administracións e que reforza o impulso institucional deste proxecto estratéxico.
📍 O parque empresarial desenvolverase sobre unha superficie de 846.534 m² nunha localización clave, conectada con Vigo, Ourense e Portugal.
📄 O protocolo recolle a tramitación dun Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (PEOSE), coa implicación das tres administracións e a creación dunha comisión de seguimento para impulsar o proxecto.
🎯 Un paso decisivo para: ▪️ Crear novo solo industrial en Galicia
▪️ Atraer investimento
▪️ Favorecer a implantación de empresas
▪️ Xerar emprego na comarca
💼 A actuación, impulsada pola Zona Franca de Vigo, contará cun investimento superior aos 41 millóns de euros.
🗣️ “Hoxe damos un paso adiante na creación de novo solo empresarial que dará resposta á demanda existente e permitirá atraer novas actividades económicas”.
👉 Un proxecto clave para o desenvolvemento económico da Cañiza e do sur de Galicia.
#ACañiza #ParqueEmpresarial #Vieiro #ZonaFrancaDeVigo #XuntaDeGalicia Emprego Industria Economía DesenvolvementoLocal Galicia
Likes: 23|Comments: 1 |Video views:
Publicado : 23 mar 2026, 15:47
Ver publicación en Instagram 🏐🤝 O Concello e o Club Balonmán Cañiza renovan o seu compromiso co deporte para 2026
📌 Formalizamos o V convenio de colaboración co club, cunha achega anual de 20.000 € e o apoio ao uso do pavillón municipal “Carballo do Marco”.
👉 Un acordo que garante estabilidade, impulsa a canteira, o deporte feminino e reforza a proxección do club en competicións autonómicas e estatais.
📊 Nos últimos anos, o Concello investiu máis de 359.000 € na mellora das instalacións deportivas, consolidando un espazo moderno e adaptado á actividade do club.
👏 O Balonmán Cañiza é hoxe un referente en Galicia, grazas ao esforzo de xogadores, corpo técnico, directiva, familias e afección.
Seguimos apoiando o deporte e os valores que representa.
#ACañiza #BalonmánCañiza #DeporteGalego #RFEBM #Canteira OrgulloCañicense
Likes: 16|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 22 mar 2026, 17:04
Ver publicación en Instagram Semana de traballo no Congreso dos Deputados
Esta semana participei na sesión plenaria e na Comisión de Dereitos Sociais e Consumo, continuando co traballo lexislativo e institucional como deputado por Pontevedra.
▪️ O Pleno convalidou medidas urxentes para dar resposta aos danos provocados por fenómenos meteorolóxicos adversos en Andalucía e Extremadura, reforzando a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia.
▪️ Avanzouse na reforma constitucional para que Formentera poida elixir un senador propio, mellorando a súa representación nas institucións.
▪️ Ademais, aprobáronse iniciativas en defensa da liberdade de información, dos dereitos fundamentais e no ámbito das políticas públicas.
👉 Unha semana de traballo centrada en avanzar, en reforzar dereitos e en dar resposta ás necesidades da cidadanía.
Seguimos traballando.
#Pontevedra #Galicia #España #CongresoDosDeputados #GrupoSocialista Traballo Compromiso PolíticaÚtil ServizoPúblico
Likes: 34|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 22 mar 2026, 14:52
Ver publicación en Instagram 📖 Faladoiro “Aquí Faltan Páxinas”
💜 A Cañiza acolle un acto dedicado a Rita Fernández Queimadelos, pioneira da arquitectura en España e primeira arquitecta galega titulada.
📅 Luns 23 de marzo
🕢 19:30 h
📍 Salón de plenos do Concello da Cañiza
🤝 Un encontro promovido pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello, dentro da programación do Mes da Muller.
🗣️ Interveñen:
▪️ Paula Bouzós
▪️ Luis Piña
🎤 Relatoras:
▪️ María Carreiro
▪️ Marian Fernández
👉 Unha oportunidade para coñecer a historia dunha muller pioneira que abriu camiño.
🎟️ Entrada libre
#ACañiza #AquíFaltanPáxinas #RitaFernandezQueimadelos #Arquitectura #MulleresNaHistoria Igualdade
Likes: 2|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 21 mar 2026, 19:17
Ver publicación en Instagram A Cañiza respondeu… e chegou a vitoria!
27 - 23 nun partido clave para seguir na loita pola fase de ascenso.
Gran equipo e un pavillón municipal á altura.
Orgullo de Cañiza!
#ACañiza #BalonmánCañiza #Balonmán
Likes: 23|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 21 mar 2026, 12:13
Ver publicación en Instagram 🔴 Hoxe o balonmán da Cañiza xógase o paso á fase de ascenso.
Un partido clave que merece todo o apoio da nosa veciñanza.
📍 18:00 h no pavillón municipal
Imos co equipo!
Likes: 8|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 20 mar 2026, 20:16
Ver publicación en Instagram 📌 A Cañiza avanza no desenvolvemento do Parque Empresarial do Vieiro.
📄 O Pleno aprobou hoxe o protocolo de colaboración entre o Concello, a Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para impulsar un parque estratéxico de máis de 846.000 m² 🏭📐
🤝 Este acordo senta as bases para facer realidade unha infraestrutura clave para o futuro económico do municipio e do sur de Galicia.
👉 O proxecto será financiado ao 100% polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e desenvolverase mediante un novo modelo máis áxil, adaptado ao marco normativo actual.
⚖️ A recente modificación da Lei do Solo permitirá que este proxecto avance a través dun Plan de Interese Autonómico, desbloqueando unha actuación que supera o ámbito municipal.
📈 Un proxecto estratéxico para: • atraer empresas
• xerar emprego
• fixar poboación no rural
• dinamizar a economía local
📍 A localización da Cañiza, próxima a Portugal e conectada pola A-52, reforza o seu potencial como enclave empresarial.
🗣️ Un paso decisivo tras anos de traballo e xestión institucional.
#ACañiza #ParqueEmpresarial #Vieiro #ZonaFrancaVigo #XuntaDeGalicia DesenvolvementoLocal
Likes: 5|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 18 mar 2026, 19:12
Ver publicación en Instagram 💻 Curso dixital “Acompañamento no uso das pantallas na vida familiar”
📌O Concello anuncia a 7️⃣ª formación en competencias dixitais para a cidadanía
👥 Dirixido a persoas maiores de 18 anos interesadas en adquirir habilidades dixitais básicas para a vida diaria, o emprego e o uso seguro da tecnoloxía.
📅 7, 9 e 10 de abril
⏰ De 10:00 a 13:00 h
📍 Aula CeMIT (Rúa do Progreso s/n, Nacional 120)
Estas accións forman parte do programa “Tu Transformación Digital”, co obxectivo de reducir a fenda dixital e mellorar as competencias tecnolóxicas da poboación 🌍✨
💡 Unha oportunidade para aprender a xestionar de forma saudable o uso de dispositivos dixitais no ámbito familiar.
✅ Formación 100% gratuíta
👥 Prazas limitadas (12 - 16 persoas)
🗓 Data límite de inscrición: 30 de marzo
📲 Inscrición:
📞 695 515 511
📧 consultoria5@cip-formacion.com
#ConcelloDaCañiza #CompetenciasDixitais #TransformaciónDixital #AulaCEMIT
Likes: 0|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 18 mar 2026, 13:34
Ver publicación en Instagram 💧🏡 A Cañiza acolleu unha xornada informativa sobre a xestión da auga dirixida ás Comunidades de Traídas Veciñais.
🗣️ O alcalde Luis Piña participou nesta sesión celebrada no Salón de Plenos, na que representantes de distintas comunidades de usuarios coñeceron información práctica sobre mantemento, control sanitario e xestión das traídas de auga no rural.
📍 A xornada foi impartida pola empresa cañicense Rodespi dentro dun programa promovido pola .
📋 Durante a sesión abordáronse cuestións clave como: • Plan Sanitario da Auga
• control da calidade
• toma de mostras
• mantemento das instalacións
• obrigas legais das comunidades
💶 Tamén se informou sobre as axudas +NOVAQUA e +AQUA 2026 para mellorar e modernizar as infraestruturas de abastecemento.
⚠️ Analizáronse ademais riscos microbiolóxicos, químicos e físicos que poden afectar á calidade da auga e ás redes de distribución.
💬 A sesión rematou cun espazo aberto para consultas e intercambio de experiencias entre os asistentes.
🤝 Un encontro útil para seguir avanzando nunha xestión máis segura e eficiente da auga no rural.
#ACañiza #XestiónDaAuga #ComunidadesDeUsuarios
Likes: 6|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 17 mar 2026, 19:55
Ver publicación en Instagram 🛹🔥 A Cañiza acollerá os días 28 e 29 de marzo a 1ª edición do Campionato de España de Team Cross, xunto coa Copa de España e a Liga Nacional de SkateCross.
📍 O Skate Park da Cañiza foi escenario da presentación oficial desta cita estatal, que converterá o municipio nunha das sedes do calendario 2026 de Inline Freestyle.
👉 Un evento promovido pola e pola , organizado polo club coa colaboración do Concello.
🤝 No acto participaron o alcalde Luis Piña, Mª Jesús Vázquez e Malena Gómez.
⚡ O SkateCross combina velocidade, obstáculos e eliminatorias nun formato moi dinámico e espectacular para o público.
🏆 O programa inclúe: • Skate Cross
• Team Cross por equipos
🏅 Participarán deportistas desde categorías base ata elite, en feminino e masculino.
📍 O Skate Park da Cañiza, con máis de 3.300 m², consolídase como unha instalación de referencia en Galicia para os deportes urbanos.
🎉 Entrada gratuíta durante toda a fin de semana.
#ACañiza #SkateCross #DeporteUrbano #CampionatoDeEspaña #InlineFreestyle SkatePark
Likes: 6|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 17 mar 2026, 15:50
Ver publicación en Instagram 📢🐝 A Cañiza pon en marcha a 5ª campaña municipal de trampeo contra a vespa velutina
📍 O alcalde Luis Piña reuniuse este 12 de marzo cunha vintena de apicultores no colmear de Oroso para facer entrega do material destinado á campaña de primavera contra esta especie invasora.
🔹 Nesta edición repartíronse 82 botes de líquido atraente, 12 máis ca o pasado ano, cun investimento municipal de 709,42 €.
👉 Cada bote permite preparar ata 8 trampas, polo que se poderán colocar 656 trampas en distintos puntos do municipio para capturar as raíñas antes da formación dos niños.
🤝 Na campaña participan máis de 40 apicultores da Cañiza, cun censo superior ás 3.000 colmeas, ademais de persoas colaboradoras que tamén contribúen á colocación das trampas.
🎯 O obxectivo é protexer a abella autóctona e reducir o impacto da vespa velutina sobre o sector apícola local.
🍯 A apicultura forma parte do noso sector primario e contribúe á produción dun mel de gran calidade, recoñecido en certames especializados polos seus aromas e características únicas ligadas á riqueza natural dos Montes da A Paradanta.
🌿 Un traballo colectivo para defender a biodiversidade e apoiar un sector fundamental no rural.
#VespaVelutina #Apicultura #MelDeCalidade #MontesDaParadanta #ACañiza SectorPrimario Biodiversidade
Likes: 10|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 14 mar 2026, 07:37
Ver publicación en Instagram A Cañiza proyecta una nueva área de ocio en la Carballeira do Cacharado
El Concello habilita crédito para cofinanciar la actuación, presupuestada en 176.000 euros | Incluye una zona de juegos infantil inclusiva y otra deportiva
Faro de Vigo, martes, 10 de marzo de 2026.
Likes: 20|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 13 mar 2026, 18:07
Ver publicación en Instagram 💜 A Cañiza rendeu homenaxe a Maruja Gómez González, primeira alcaldesa democrática de Galicia, elixida no noso municipio en 1936.
🤝 Nun acto celebrado no Salón de Plenos, organizado pola FEGAMP en colaboración co Concello, lembramos unha figura pioneira que marcou un fito na historia política galega.
📜 Cando se cumpren 90 anos da súa investidura, recoñecemos o valor dunha muller que abriu camiño nun tempo no que a presenza feminina nas institucións era excepcional.
🗣️ Durante o acto destacouse tamén a importancia de preservar a memoria democrática, defender a igualdade e seguir transmitindo ás novas xeracións o valor do compromiso público.
📖 A xornada concluíu coa sinatura de María Barral no Libro de Honra do Concello.
#ACañiza #MarujaGómez #HistoriaDeGalicia #Igualdade #8M MemoriaDemocrática Municipalismo Galicia 💜
Likes: 18|Comments: 1 |Video views:
Publicado : 12 mar 2026, 15:21
Ver publicación en Instagram Hoxe recibín con fonda tristeza a noticia do falecemento de Antón Louro.
Foi un compañeiro moi destacado, cunha longa traxectoria de compromiso público e político, con responsabilidades no Parlamento, no Congreso e no Goberno, e tamén unha persoa coa que compartín conversas, reflexións e aprendizaxes ao longo dos anos.
No persoal, gardarei sempre o recordo da súa proximidade, do seu criterio político e da súa capacidade de diálogo, sempre desde unha visión fonda da responsabilidade pública.
O meu pesar e agarimo á súa familia, amizades e compañeiros.
Descanse en paz.
Likes: 18|Comments: 1 |Video views:
Publicado : 12 mar 2026, 13:16
Ver publicación en Instagram 💜 A Cañiza presenta a programación do Mes da Muller Traballadora.
Durante as próximas semanas desenvolveremos distintas actividades para poñer en valor o papel das mulleres na historia, na cultura e na sociedade, con homenaxes a figuras como e , ademais dunha nova edición do proxecto municipal “Violetas”.
📚 Memoria, igualdade e educación como parte dun compromiso que debe estar presente todo o ano.
💜 Seguimos avanzando nunha Cañiza máis igualitaria.
#MesDaMuller #8M #Igualdade #ACañiza #MulleresReferentes
Likes: 12|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 11 mar 2026, 19:35
Ver publicación en Instagram 💜A FEGAMP organiza na Cañiza un acto de homenaxe á primeira alcaldesa democrática de Galicia, Maruja Gómez
🗣️O Alcalde Luis Piña, informou da celebración este venres, 🗓️13 de marzo, dun acto institucional de homenaje a Maruja Gómez González, a 👉primeira muller elixida democraticamente alcaldesa en Galicia no ano 1936 no municipio da Cañiza.
📍O acto, organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) coa 🤝colaboración do Concello da Cañiza, celebrarase ás 🕛12:00 horas no 👉Salón de Plenos da Casa Consistorial e forma parte das actividades impulsadas polo municipalismo galego arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 💜📅
ℹ️Este ano cúmprense 90 anos da investidura de Maruja Gómez, unha figura pioneira que marcou un fito na historia política de Galicia ao converterse na primeira alcaldesa elixida democraticamente na comunidade. “Para a Cañiza é unha honra acoller este acto de recoñecemento a unha muller que abriu camiño e que forma parte da historia democrática do noso municipio e de Galicia”, destacou o Alcalde Luis Piña. 🌟
💜A homenaxe, promovida pola FEGAMP, quere poñer en valor o papel das mulleres como xestoras do cambio e protagonistas da vida pública, especialmente no ámbito local, lembrando a figura de Maruja Gómez como símbolo da participación e do liderado feminino na política municipal.
📌Durante o acto tamén se evocará, a través da súa figura, o papel de todas as mulleres que ao longo das últimas décadas asumiron responsabilidades nas alcaldías e corporacións municipais galegas, contribuíndo á transformación social e institucional dos concellos.
📣Desde o Concello da Cañiza invítase á veciñanza e ás persoas interesadas a asistir a esta xornada de lembranza e recoñecemento, que servirá para 🎯reivindicar a memoria dunha pioneira e continuar avanzando cara a unha maior igualdade na representación política local. 🤝💜
#ACañiza #MarujaGómez #FEGAMP #HistoriaDeGalicia #Igualdade 8M DíaInternacionalDaMuller MemoriaHistórica
Likes: 12|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 11 mar 2026, 11:01
Ver publicación en Instagram 💧📢 CHARLA DE INTERESE PARA AS COMUNIDADES DE AUGAS
O Alcalde Luis Piña informou esta mañá sobre a celebración dunha xornada informativa 👉dirixida ás comunidades de usuarios de auga e ás persoas interesadas na xestión das traídas veciñais.
📅 Sábado 14 de marzo
🕕 18:00 horas
📍 Salón de Actos municipal
📌A sesión estará impartida pola empresa cañicense Rodespi.
👉Baixo o título:
“Mellora da xestión da auga no ámbito rural da provincia de Pontevedra a través do empoderamento, apoio e posta en valor das comunidades de usuarios de auga”, esta xornada pretende ofrecer información práctica sobre a xestión, mantemento e control sanitario das traídas de auga no rural.
Durante a charla trataranse cuestións de gran interese como:
🔹 Plan Sanitario da Auga (PSA)
🔹 Control da calidade da auga
🔹 Procedementos para a toma de mostras
🔹 Mantemento das instalacións
🔹 Obrigas legais das comunidades de auga
ℹ️Ademais, informarase ás persoas asistentes sobre as liñas de subvencións da Deputación de Pontevedra:
+NOVAQUA
+AQUA 2026
👉Estas axudas están destinadas a apoiar ás comunidades de usuarios na mellora, regularización e modernización das infraestruturas de abastecemento de auga.
📍 Estas xornadas forman parte dun programa provincial impulsado pola Deputación de Pontevedra para reforzar o apoio ás comunidades de auga, con sesións informativas e talleres en distintos concellos da provincia.
👉No marco deste programa, a Deputación adxudicou o servizo de deseño e organización destas xornadas á empresa Soluciones para el Rural Intega S.L. (Rodespi), encargada de impartir as sesións e resolver as dúbidas das comunidades participantes.
💬 Segundo comunicou o Alcalde, a sesión deste sábado contará tamén cun espazo para consultas e intercambio de experiencias entre as comunidades asistentes.
#ComunidadesDeAugas #XestiónDaAuga #NOVAQUA #AQUA2026
Likes: 4|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 10 mar 2026, 14:46
Ver publicación en Instagram 🌳 Hoxe visitei o CEIP de Valeixe para participar nunha xornada do programa “Aprender do Bosque”, unha fermosa iniciativa de educación ambiental promovida pola .
📍 O centro foi un dos 5 centros seleccionados en Galicia para formar parte deste proxecto, que achega ao alumnado ao coñecemento e coidado dos ecosistemas forestais.
🌱 Durante a xornada plantáronse árbores autóctonas nun terreo cedido pola Comunidade de Montes de Valeixe: castiñeiro, carballo, bidueiro e sobreira, co traballo previo do alumnado, profesorado, familias e ANPA.
📚 O máis importante: os nenos e nenas aprenden coidando un bosque vivo, entendendo como funciona a natureza e o valor de protexer o noso entorno.
👏 Grazas á directora Yolanda Feijóo, á mestra Sandra Gil e a toda a comunidade educativa polo gran traballo realizado.
🌿 Noraboa ao CEIP de Valeixe por esta experiencia tan valiosa.
#AprenderDoBosque #EducaciónAmbiental #Valeixe #ACañiza #BosquesAutóctonos
Likes: 20|Comments: 1 |Video views:
Publicado : 08 mar 2026, 11:43
Ver publicación en Instagram 🟣 8M | Día Internacional da Muller
Hoxe reafirmamos o compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes, conscientes de todo o avanzado e tamén do camiño que aínda queda por percorrer.
Avanzar en igualdade é avanzar en xustiza e oportunidades.
#8M #DíaInternacionalDaMuller #Igualdade
Likes: 15|Comments: 0 |Video views:
Publicado : 07 mar 2026, 18:57
Ver publicación en Instagram 📌O Salón de Plenos acolleu unha charla informativa sobre o Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2028-2033 dirixida ás comunidades de traídas de auga 💧
O pasado venres 27 de febreiro celebrouse unha sesión informativa organizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) en colaboración co Concello 🤝, que reuniu a máis de 50 representantes de comunidades de traídas de auga do municipio 💧.
👉A sesión estivo centrada principalmente nos aspectos relacionados co abastecemento de auga á poboación 🚰, un dos elementos clave da planificación hidrolóxica para os próximos anos 📊.
1️⃣A primeira intervención correu a cargo de Carlos Guillermo Ruiz del Portal Florido, xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica da CHMS, quen explicou os principais contidos e obxectivos do Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2028-2033 📑, detallando as liñas de planificación e xestión dos recursos hídricos 💧 previstas para o futuro.
2️⃣Posteriormente interveu Agustín Sevilla Briceño, xefe da Área de Plans e Estudos da CHMS, que afondou nos problemas que afectan ás comunidades de traídas de auga 💧, abordando especialmente cuestións relacionadas coas augas privativas e coas dificultades ás que se enfrontan estas pequenas comunidades de usuarios na xestión diaria dos seus sistemas de abastecemento 🚰.
3️⃣A sesión foi moderada polo Alcalde Luis Piña, quen na súa intervención destacou as diferentes actuacións que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a desenvolver no municipio 📍, determinantes para avanzar na solución dalgúns dos problemas de depuración existentes ♻️💧.
🗣️Neste sentido, explicou que no caso da EDAR de Valeixe , a instalación non está preparada para asumir a carga que recibe na actualidade ⚠️, polo que a Confederación está a executar a construción dunha nova estación depuradora 💧. Pola súa parte, na EDAR urbana da Cañiza estanse a levar a cabo actuacións para mellorar as conducións e corrixir diversas deficiencias do sistema , co obxectivo de optimizar o funcionamento da depuración ♻️.
Likes: 12|Comments: 0 |Video views: